Viño artesán

Feito á man.

Un viño feito na viña, coidando acio a acio. Sen herbicidas, insecticidas nin pesticidas. Maceración en frío, fermentación espontánea coas propias levaduras da uva, trasegas polo seu propio peso, sen bombas. Só se filtra para o embotellado, cunha dose mínima de sulfuroso.

Estabilización natural polo propio frío da adega no inverno — polo que pode conter residuos.
Despois do embotellado, almacénase sempre á mesma temperatura.

Non buscamos sabor nin cantidade, facemos o que cada ano nos dá A Mingona, así de natural.

A Mingona (Sureste) · Altitude 430 m · Pendente 50% · Solo granítico

Fotos: Lucía Cereijo Fotografía

A nosa maneira de facer as cousas

A terra que nos viu nacer non merece un futuro incerto, e nós temos que ser capaces de poñer o noso pequeno gran de area. Este é un proxecto moi cativo, pero cheo de ilusión e gañas de traballar no entorno que máis nos gusta.

É difícil facer viño nestas terras, pero é fermoso ter diante este reto e esta paisaxe que anima a conservala. Utilizamos abono orgánico, sen herbicidas nin pesticidas; deste xeito, a Mingona está sá e o rural non morre.

Labores na viña da Mingona