Que son as cookies
As cookies son pequenos arquivos que algunhas webs gardan no teu navegador para lembrarte, medir as visitas ou amosarche publicidade.
As cookies desta web
Esta web non utiliza cookies, nin propias nin de terceiros. Non usamos ferramentas de estatística nin de publicidade, nin contidos incrustados doutras webs que as instalen.
O que si garda o teu navegador
Para que a web funcione como esperas, o teu navegador garda dúas preferencias no seu almacenamento local:
- adn-lang: o idioma que elixes (galego, castelán ou inglés), para amosarche a web nese idioma a próxima vez.
- adn-aviso: que xa liches o aviso sobre cookies, para non volver amosárcho.
Estes datos quédanse no teu dispositivo, non se envían a ninguén e non serven para identificarte. Como son necesarios para darche o servizo que pides, non requiren o teu consentimento (artigo 22.2 da LSSI).
Ligazóns a outras webs
Se segues unha ligazón a outra web, como o noso Instagram, alí aplícase a política de cookies desa web.
Como borralas
Podes borrar estas preferencias cando queiras desde a configuración do teu navegador, no apartado de privacidade ou de datos de sitios web.
Cambios
Se no futuro a web comeza a usar cookies, actualizaremos esta política e pedirémosche permiso antes de instalalas.
Última actualización: outubro de 2026.