Visitas a A Mingona

Un proxecto de historia, memoria e homenaxe

Temos dúas pequenas adegas na Mingona, onde ata fai pouco se elaboraba o viño e que conservamos coa arquitectura tradicional da zona. A do “Antonio do Nicho”, como adega tradicional, cos apeiros cos que se traballaba antigamente; e a do “Garabito”, á que lle demos un pequeno retoque para facer catas con vistas ás ribeiras de San Fiz.

Turismo sustentable

Visitas personalizadas para un máximo de seis persoas.

25€ por persoa · 10€ menores de 18 anos

Horarios

Duración visita de 1h 30
Horarios ás 12:00h ou 19:00h.

Con cita previa, mínimo un día antes.
Polas tardes só en primavera e verán.

Na visita verás unha adega tradicional + audiovisual + cata con Antonio do Nicho, acompañado de embutido feito por nós, e vistas á ribeira de San Fiz — no único tramo natural do río Miño entre o encoro de Belesar e o de Peares. Coñecerás a auténtica historia do Antonio do Nicho: unha experiencia 100% artesán, feita á man.

Reservar unha visita